Non é xustificábel, de xeito ningún, o grande atraso da galeguización da administración de xustiza, sobre todo en comparanza co progreso da galeguización nas administracións locais e autonómicas. É verdade que hai causas nas que se alicerza este absurdo atraso (ensinanza das ciencias xurídicas na Galicia nomeadamente en castelán, falla de esixencia da competencia lingüística ao seu persoal fronte ás esixencias das administracións autonómica e locais…), mais a principal chata, nestes tempos de dixitalización xudicial, é a falla de versión en galego do programa Minerva, que serve á Administración de Xustiza e foi deseñado polo Ministerio competente sen posibilidade de vertelo ao galego, sen que a Xunta fixese nada por substituílo ao longo de todos estes anos.
A primeiros de 2026 o novo programa Atenea vai substituír Minerva como aplicación para a xestión e tramitamento xudicial. Velaí a urxentísima necesidade de que este programa naza tamén cunha versión en galego, se queremos resolver este grande atraso na normalización lingüística xudicial. No seu da Irmandade Xurídica Galega (IXUGA, fundada no 2007 e integrada por centos de persoas da maxistratura, fiscalía, letrad@s da administración de xustiza, persoal de xestión, auxilio e tramitamento xudicial, procuradoría, avogacía, funcionariado local, autonómico e estatal…) xurdiu un potente movemento que acadou en moi poucos días máis de 350 sinaturas (de persoas propias e tamén alleas á propia Irmandade) a prol dun manifesto esixindo da Xunta e do Goberno do Estado o deseño bilingüe deste programa dende o seu mesmo comezo, a primeiros de 2026.
A resposta sobordou calquera previsión. Entre as sinaturas salientan o presidente saínte do TSXG, José Mª Gómez Díaz-Castroverde, tres das catro persoas que presiden as nosas Audiencias (unha delas, Ignacio Picatoste, presidente eleito do TSXG), dúas fiscais-xefas provinciais, o pasado fiscal superior de Galicia, Carlos Varela (2005-2015), a pasada avogada xeral do Estado (2018-2024), Chelo Castro, case un cento de maxistrados, xuices e fiscais, o actual presidente do Consello da Avogacía Galega, varios pasados presidentes e as persoas titulares de cinco dos sete decanatos dos colexios de avogados de Galicia. Un clamor ao que lle puxo o ramo a Sala de Goberno do TSXG o venres 20-X, esixindo tamén a versión en galego dende a estrea da aplicación.
A Xunta de Galicia até de agora amosara o seu absoluto desleixo coa normalización na administración xudicial, mais desta volta esta enxurrada lle fixo reaxir. Logo dunha primeira xuntanza coa IXUGA na que o conselleiro de Lingua e Cultura amosou certas dúbidas, canda a tendencia xeral do PPdeG a lle botar as culpas aos demais, comprometeu este resultado diante da asemblea xeral da devandita Irmandade, canda o Delegado do Goberno que tamén comprometeu o apoio do Goberno do Estado. Ninguén na comunidade xurídica galega entendería nin desculparía que Atenea non debute en galego a primeiros de 2026. Porque, como dixo na devandita asemblea Chelo Castro (que recibiu na mesma a medalla de ouro da IXUGA ), a sociedade civil, a forza dunha cidadanía vixilante, é quen de lles marcar o paso aos poderes públicos e non permite que se esquezan dos seus compromisos e das obrigas que teñen coa sociedade.
A arrincadeira.- Compostela recupera as estatuas de Abraham e Isaac
Foi precisamente o presidente de IXUGA, o avogado muradán Xoaquín Monteagudo, quen dirixiu ao Concello compostelán no seu preito contra a familia do ditador Franco para recuperar as estatuas de Isaac e Abraham que foron entregadas ilegalmente á dona do ditador polo entón alcalde de feito no 1954. O Tribunal Supremo revogou sentenzas anteriores dun Xulgado e da Audiencia de Madrid (tan desaqueladas que mesmo lambían a prevaricación xudicial), considerando que as estatuas estaban perfectamente identificadas na propia documental do preito, polo que a avaliación da proba desas sentenzas era ilóxica e arbitraria. Todo o recoñecemento para Monteagudo e a súa equipa profesional e tamén para o alcalde compostelán, Martiño Noriega, que decidiu no seu día exercer esta acción xudicial que agora remata con tan bo suceso.



















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



