Lugo, 2 de xuño, 2026. ADEGA-Lugo vén de presentar ante a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Xunta de Galicia unha solicitude formal para revisar a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) da liña de alta tensión de 132 kV entre Ludrio e San Cibrao, promovida por BEGASA. A entidade ecoloxista considera que a avaliación ambiental non tivo en conta impactos significativos sobre a paisaxe, a biodiversidade e a conectividade ecolóxica da zona.
Impactos paisaxísticos non avaliados
ADEGA denuncia que a infraestrutura foi autorizada sen analizar adecuadamente a afección a espazos de alto valor paisaxístico e recreativo, como o Miradoiro do Castelo de Labio e a ruta dos Lagos de Teixeiro. A proximidade da liña e a deforestación asociada ás obras deteriorarán a calidade visual destes lugares.
Afectación a hábitats protexidos
A asociación alerta tamén dos danos sobre hábitats de interese comunitario, entre eles unha carballeira e un bosque aluvial na parroquia de Labio, afectados pola apertura dunha ampla franxa forestal. Segundo ADEGA, estes impactos non foron correctamente identificados nin avaliados na tramitación ambiental.
Riscos para a avifauna e zonas húmidas
Outro dos motivos da solicitude é a incidencia da liña sobre unha área de especial interese para a fauna, con varias zonas húmidas inventariadas pola Xunta e utilizadas por numerosas especies de aves. ADEGA considera insuficiente a avaliación dos riscos de colisión e electrocución da avifauna.
Corredores ecolóxicos en risco
A entidade critica que o proxecto ignora a existencia de corredores ecolóxicos clave que conectan espazos naturais da provincia, incluíndo áreas da Reserva da Biosfera Terras do Miño e zonas da Rede Natura 2000. A fragmentación destes corredores compromete a mobilidade da fauna e vulnera directrices europeas e estatais sobre infraestrutura verde.
Propostas e peticións
ADEGA propón estudar o soterramento da liña nos treitos máis sensibles e reclama a suspensión cautelar das obras mentres se revisa a DIA, co obxectivo de evitar danos irreversibles.
A entidade lembra que a transición enerxética debe ser compatible coa protección da biodiversidade, da paisaxe e do patrimonio natural, e que non pode servir de escusa para reducir garantías ambientais.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



