Esta decisión tómase para atender da mellor maneira posible ás mulleres que non dominan o castelán ou o galego e que buscan asesoramento legal ou axuda psicolóxica no CIM
Ortigueira, 3 de xuño de 2026. O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Ortigueira está dado de alta desde o pasado 28 de maio no servizo de teletradución simultánea da Xunta de Galicia. Trátase dunha plataforma totalmente gratuíta que permite ás mulleres vítimas de violencia de xénero, de trata de persoas, ou que buscan asesoramento xurídico ou psicolóxico comunicarse en 51 idiomas, facilitando o acceso inmediato a asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axudas económicas e centros de acollida sen que a lingua sexa un obstáculo.
A implantación deste recurso no municipio responde directamente ao incremento de mulleres migrantes de nacionalidades moi diversas, como a marroquí, a ucraína ou a británica, que acoden ao centro en busca de apoio legal ou psicolóxico. O obxectivo é eliminar o estrés engadido que provoca a barreira idiomática e garantir que a comunicación verbal sexa eficaz en situacións de especial vulnerabilidade.
A directora do CIM de Ortigueira, Ana Dopico, explica que o aumento de usuarias de distintas orixes “fue el motivo principal para solicitar el alta en la plataforma”. Dopico sinala que, grazas a esta ferramenta, agora poden atender ás mulleres no seu idioma materno, un factor que considera fundamental “para que se sientan seguras y comprendidas desde el primer momento en que solicitan ayuda”.
Pola súa banda, a concelleira de Servizos Sociais, Elisa Dorna, destaca que esta medida reforza o compromiso do Concello coa igualdade e a protección social, asegurando que “ninguna mujer se quede desamparada por motivos de origen o idioma”. Dorna recalca que o obxectivo prioritario do goberno local é “poner todas las herramientas posibles al servicio de las vecinas más vulnerables, garantizando una respuesta pública rápida y cercana”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



