A institución provincial vén de iniciar este luns os traballos de repavimentación en dous tramos da LU-P-6405. O proxecto inclúe a renovación da drenaxe da vía, o estado do firme e a sinalización cun investimento de máis de 136.000€
Lugo, 1 de xuño de 2026. A Deputación de Lugo vén de iniciar esta mesma semana no Vicedo o estendido do aglomerado de dous treitos da LU-P-6405, a vía que vai desde o municipio mariñán pasando por Vilasuso ata o Alto de Moreiras. O proxecto inclúe o acondicionamento dun tramo de máis de 700 metros, do quilómetro 1,400 ao 2,155; e dun segundo treito, que supera o quilómetro, entre o 3,493 ao 4,693.
Cholo SL é a empresa encargada deste proxecto, para o que a institución provincial destina máis de 136.000€, e que inclúe a reapertura de cunetas, a mellora do firme con aglomerado en quente e a sinalización horizontal.
Trátanse dunhas obras moi importantes porque o Alto de Moreiras é un punto de interese turístico no Vicedo, que conta cunha área recreativa e cun miradoiro con vistas á ría do Barqueiro e á afamada Illa Colleira.
Outras actuacións no Vicedo
A institución provincial tamén arranxou outras dúas estradas provinciais que son fundamentais para as comunicacións do municipio cun investimento de preto de 330.000€. Trátase da LU-P-6401, que une as parroquias de Suegos e Falcoeira, e da LU-P-6402, que vai da capitalidade a Cristo de Portapena por Cruz da Pardiñeira.
Concretamente, con estas obras renováronse os tres primeiros quilómetros da LU-P-6401 –do 0,6 ao 3,2- que enlazan coa estrada autonómica LU-862; e o treito final da LU-P-6402 –do punto quilométrico 17,1 ao 19,3- á altura da parroquia de Negradas. As obras consistiron na reapertura de cunetas na pavimentación con aglomerado en quente e na sinalización.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



