A deputada Noa Presas reproba o nomeamento de Alfonso Villares como delegado da Xunta en Lugo e critica a “actitude contraria ás vítimas” do PP
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2026. A voceira de feminismo e igualdade do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento, Noa Presas, amosou este mércores o seu rexeitamento ao nomeamento do exconselleiro do Mar Alfonso Villares como novo delegado da Xunta en Lugo. Presas cualificou a decisión como “o colmo do posicionamento contrario ás vítimas de violencia machista” por parte do Partido Popular.
A deputada lembrou que o PP “estivo gardando silencio máis de 4 meses” sobre as acusacións que pesaban sobre Villares, para despois “dedicarse a defender o denunciado por riba de acreditar no testemuño das persoas que denuncian violencia machista”. Tamén criticou que o partido non actuase cando se filtrou a identidade da denunciante.
“No canto de pedir desculpas ás vítimas, o que fai o PP é premiar a unha persoa que ten estas acusacións tan graves ás súas costas e cuxo sobresemento é ademais provisional”, afirmou Presas, quen subliñou que no caso “non se negan os feitos, nin se declara que esta persoa sexa inocente”.
Para a organización nacionalista, o nomeamento é “absolutamente lamentable de todos os puntos de vista”. “Desde BNG non podemos facer máis que reprobalo”, concluíu.
















Villares, que dimitira hai un ano tras ser denunciado por agresión sexual —unha investigación que foi arquivada ao non atoparse probas—, substituirá no cargo a Javier Arias.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



