Navia, 2 de xuño de 2026. O compromiso co medio ambiente e o civismo demóstrase con pequenos xestos cotiáns, e a veciñanza de Navia leva anos deixando claro que a sustentabilidade é unha prioridade nos seus fogares. Así o reflicten os últimos datos oficiais publicados pola Compañía para a Xestión dos Residuos Sólidos en Asturias (COGERSA), que sitúan a Navia nunha posición moi destacada dentro do mapa do reciclaxe do Principado, competindo en eficiencia cos municipios máis poboados da comunidade.
A análise das estatísticas por habitante revela que Navia sobresae de maneira moi positiva na recollida selectiva de calidade.
Vidro: Navia supera ás grandes cidades
O contedor verde é un dos mellores exemplos deste éxito. Durante o último ano, Navia acadou unha media de 22,66 kg de vidro reciclado por habitante, unha cifra que sitúa o concello por diante dos rexistros por habitante das tres grandes cidades asturianas:
Xixón: 19,73 kg/hab
Oviedo: 19,25 kg/hab
Avilés: 15,59 kg/hab
Orgánica: resposta exemplar ao contedor marrón
A implantación da recollida separada de materia orgánica tamén tivo unha acollida extraordinaria. Grazas á implicación das familias e da hostalaría local, Navia alcanzou os 18,59 kg por habitante e ano, o que supón 149,32 toneladas anuais aproveitadas.
Este dato supera amplamente as medias por habitante das áreas urbanas de:
Xixón: 16,34 kg/hab
Avilés: 12,79 kg/hab
Oviedo: 7,36 kg/hab
Papel e cartón: segundo posto destacado
No contedor azul, os naviegos consolidan unha media de 27,68 kg/hab ao ano, situándose nun meritorio segundo posto entre estas catro localidades, só por detrás de Oviedo e por diante de Avilés.
Envases lixeiros: estabilidade e bo comportamento
O contedor amarelo pecha o balance local cunha media estable de 17,04 kg/hab, reforzando a tendencia positiva do municipio en todas as fraccións de reciclaxe.
Agradecemento e compromiso continuo
Desde o Concello de Navia agradecen a colaboración de todos os cidadáns, comercios e colectivos. Este logro é froito dun esforzo colectivo e da progresiva adaptación ás melloras implantadas no municipio, como os contedores soterrados, deseñados para facilitar unha separación máis cómoda e limpa no día a día.
O obxectivo non é competir, senón seguir mellorando xuntos para coidar o entorno natural.
Para consultar todos os detalles e as gráficas interactivas destes resultados, COGERSA pon a disposición o informe completo no seguinte enlace oficial: https://cogersa.es/datos_residuos/




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



