O alcalde, Valentín Calvín, e a concelleira de Facenda, Isabel Rego, asinaron onte con representantes da entidade social o acordo para financiar con 45.000 euros proxectos estratéxicos, asistenciais e de inserción laboral
Ortigueira, 4 de xuño de 2026. O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, acompañado da concelleira de Facenda, Isabel Rego, recibiron onte na casa consistorial á presidenta da Asociación Pro-Minusválidos do Ortegal (Aspromor), María Isabel Lozano, e á xerente da entidade, Araceli Blanco, para asinar o convenio de colaboración anual.
O goberno local destinará unha partida económica de 45.000 euros orientada de forma íntegra a financiar diversos proxectos estratéxicos da entidade social. Entre as liñas de actuación prioritarias que se impulsarán grazas a este fondo atópase a mellora, adaptación e modernización xeral das instalacións, así como a optimización constante da calidade dos servizos asistenciais que reciben as persoas usuarias da asociación.
Así mesmo, a achega municipal servirá para respaldar a autonomía das persoas con discapacidade a través de iniciativas enfocadas á vida independente en vivendas tuteladas, garantindo ademais partidas para o transporte adaptado e o correcto mantemento da frota de vehículos da organización. Por último, o convenio contempla un importante impulso á inserción cun investimento específico en equipamento e maquinaria para o obradoiro prelaboral de reparación de envases de plástico, consolidando así o compromiso do municipio coa formación e a inclusión sociolaboral.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, destacou a importancia deste convenio e sinalou que “este acuerdo es una muestra más del compromiso de nuestro Concello con el bienestar y la inclusión de todas las personas de Ortigueira. Sabemos que Aspromor desempeña un papel fundamental en la mejora de la calidad de vida de las personas con discapacidad y sus familias, y este apoyo económico permitirá que sigan creciendo y ofreciendo mejores servicios”.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



