Vou de viaxe. Unha cidade. Un pouco de tempo.
Atopo unha voda en San Juan el Real mentres descanso coa equipaxe. En Oviedo nese momento non hai consigna no ferrocarril e está sen funcionar a da estación de autobuses.
Xente disfrazada comeza a dispoñerse fronte a min. Coido que, en xeral, autoconsiderada guapa; para min, ás veces como moito, estrambótica. Nese momento, fixen a comparación para min mesmo como a vista dun mendigo ó paso da xente máis común, pero disfrazados uns e outros e en lugar de acto social.
Preto, tamén outra xente que mira, espectadores esperando os noivos, que se resisten a saír, como -ocórreseme- se tiveran vergoña de enfrontarse á variopinta sociedade que lles espera fóra.
As conversas, animadas. As caras, sorrintes ou de circunstancias, non capturan a miña atención. Tampouco o vello pero impecable Cadillac que tamén espera, aparcado e con flores nas portas. Os petardos, xusto detrás de min, impactaron nos ouvidos, pero a máis do desagradable que resultou, nada máis. A música recibindo ós noivos á saída, o himno de Asturias e unha medio muiñeira, máis ou menos algo normal nestas situacións. Moitas fotos de móbil, aplausos, vivan los novios e semellantes, lume de bengala e demais. Chamar a atención, a voda como espectáculo no que os espectadores tamén participan. O conxunto, si, ese chamou a miña atención.
Preciosas e presuntuosas algunhas mulleres, e homes, algúns con traxes que os teñen envarados. E máis fotos, non só para os noivos, senón para as invitadas e parellas, diante dos músicos que supoño que non terán asinada ningunha cláusula de fotos, pero que ao menos lles servirán de propaganda. Algún traxe só o poñería como disfrace de antroido, sen poder responder o que representa se se me preguntara.
A noiva, cun vestido ‘non típico’ (que non atípico), branco cun suave ton marrón, non desentoa no ambiente. Escórreme, como espectador, a sensación a parvada graciosa para consumo interno que se respira. Pode que, se non fora espectador esterno, senón alguén participando da voda, os meus propios sentimentos sobre a voda -estivera ou non disfrazado- foran diferentes. Naturalmente, non o poderei saber: outra voda será ‘outra’, non ‘esta’. E esta antóllaseme particular, si…
Voume de alí contento de ter visto un espectáculo que me permitiu unha pequena reflexión e este comentario, gustárame ou non. Pero tamén contento de poder marchar sen máis a outro lugar máis tranquilo, si, pero tamén co que conecte máis, e sexa menos molesto para min, que esta voda guai na que me vin inmerso como espectador circunstancial. Unha voda que non é tanto cerimonia e sinatura dun contrato social, acto administrativo e método, como espectáculo pasaxeiro, por moito que poida ser celebrado como tradición de acto cívico, irrepetible.







O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



