A Pontenova, 23 de xuño de 2025. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este mediodía na presentación da XII Subida da Pontenova que se celebrará a vindeira fin de semana – 28 e 29 de xuño –, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O rally mantén o trazado habitual pola estrada LU-P-4803 entre A Pontenova e Augaxosa en Riotorto, un percorrido de 4,8 quilómetros que pasa polas parroquias de Vilameá, Rececende e Santo Estevo, con puntos especialmente atractivos para as afeccionadas e afeccionados como o paso polas curvas das Cruces e da Picota e por Vilar das Pedras. A organización ofrece servizo de transporte gratuíto para facilitar o desprazamento polo percorrido.
A Praza dos Fornos acollerá o parque de custodia, no que se concentrarán os vehículos durante a mañá do sábado para realizar as verificacións técnicas e administrativas previas á carreira, que se disputará en catro mangas cronometradas. Dúas na tarde do sábado -28 de xuño – e outras dúas o domingo – 29 de xuño- pola mañá.
No acto, que contou con representantes da Escudería A Pontenova, o Concello da Pontenova e da Xunta de Galicia, Efrén Castro reiterou “o apoio da Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo ao deporte de motor, con colaboracións específicas como esta coa Escudería da Pontenova, para organizar os principais rallys que se celebran na provincia e con liñas de axuda como os premios para pilotos de Rally ou o programa Volante Deputación” e valorou “o traballo de organización e de coordinación que hai detrás dun evento destas características”.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega 7.000 euros á organización da proba, cuarta do Campionato Galego de Montaña.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



