Navia, 27 de xuño de 2025. O Consello de Goberno do Principado de Asturias aprobou mediante resolución oficial o deslinde parcial entre os concellos de Navia e Villayón, pechando así un procedemento administrativo iniciado no ano 2013. A decisión foi publicada no Boletín Oficial do Principado de Asturias (BOPA nº 123, do 26 de xuño de 2025).
A delimitación afecta o tramo situado entre Peña Rolda e pico Llongo, na Serra de Anleo e Panondres, unha zona sobre a que existía discrepancia histórica entre ambos os municipios.
Ao longo do proceso, sucedéronse distintas fases técnicas e xurídicas, incluíndo inspeccións sobre o terreo, informes do Instituto Xeográfico Nacional e varias propostas de deslinde por parte dos concellos implicados.
Dada a dificultade para localizar con exactitude algúns dos puntos descritos na acta orixinal de 1889, considerada xuridicamente prioritaria, o trazado final foi definido por unha liña recta entre dous puntos recoñecidos por ambas as partes: Peña Rolda e pico Llongo.
O Concello de Navia seguiu de forma continua este expediente durante os últimos anos, achegando a documentación requirida e colaborando cos servizos técnicos do Principado.
Aínda que a resolución non se axusta de forma estrita á proposta defendida por Navia, si avala a reclamación presentada e coincide nos seus aspectos esenciais cos criterios emitidos tanto polo Servizo de Cartografía do Principado como polo Instituto Xeográfico Nacional.
Aínda que aínda se contempla a posibilidade de recurso por parte dos interesados, as expectativas desde o Concello son favorables e valórase esta resolución como un paso importante para clarificar de forma definitiva os límites municipais.
A resolución completa, así como o plano do novo trazado e a súa relación de coordenadas, pode consultarse na seguinte ligazón ao BOPA: https://sede.asturias.es/bopa/2025/06/26/2025-05324.pdf


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



