Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de canto do Conservatorio, nos Xoves Musicais

Este xoves 21 de novembro e continuando coa programación dos “Xoves Musicais” organizados polo colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA,  a profesora de canto do Conservatorio profesional de Música,  Montse Expósito Cao e dúas alumnas, Mª Jesús Vale Fraga e Mª Vicenta Maragoto, ofrecerán un recital lírico de arias e cancións. O recital  dará comezo ás 20:30 horas no salón de actos do Conservatorio de Música, onde  cada xoves deste mes de novembro está programada unha actuación. Os “Xoves Musicais”, abertos pola cantautora ribadense Carme Rodríguez tiveron continuidade coa actuación do grupo de clarinetes  “Sol en cuarta” que foi seguido por máis dun cento de persoas. A entrada é libre até completar o aforo da sala.

Exit mobile version