Este xoves 21 de novembro e continuando coa programación dos “Xoves Musicais” organizados polo colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA, a profesora de canto do Conservatorio profesional de Música, Montse Expósito Cao e dúas alumnas, Mª Jesús Vale Fraga e Mª Vicenta Maragoto, ofrecerán un recital lírico de arias e cancións. O recital dará comezo ás 20:30 horas no salón de actos do Conservatorio de Música, onde cada xoves deste mes de novembro está programada unha actuación. Os “Xoves Musicais”, abertos pola cantautora ribadense Carme Rodríguez tiveron continuidade coa actuación do grupo de clarinetes “Sol en cuarta” que foi seguido por máis dun cento de persoas. A entrada é libre até completar o aforo da sala.
O grupo de canto do Conservatorio, nos Xoves Musicais
O grupo de canto do Conservatorio, nos Xoves Musicais
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura