Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro no outono en Burela

A Delegación Municipal de Cultura e a Área de Cultura da Deputación de Lugo dentro do programa teatral Buxiganga, presenta o vindeiro domingo, 24 de novembro, na Casa da Cultura de Burela, ás 18:00 horas ao Grupo de Teatro HIPÓCRITA de Lugo coa obra “Unha historia con pau”. A obra, dirixida ao público infantil e familiar, retrocede no tempo para mostrarnos o máxico encanto do pau dunha vasoira, que pode ser um cabalo, unha espada… A entrada será libre.

Exit mobile version