A Delegación Municipal de Cultura e a Área de Cultura da Deputación de Lugo dentro do programa teatral Buxiganga, presenta o vindeiro domingo, 24 de novembro, na Casa da Cultura de Burela, ás 18:00 horas ao Grupo de Teatro HIPÓCRITA de Lugo coa obra “Unha historia con pau”. A obra, dirixida ao público infantil e familiar, retrocede no tempo para mostrarnos o máxico encanto do pau dunha vasoira, que pode ser um cabalo, unha espada… A entrada será libre.
Teatro no outono en Burela
Teatro no outono en Burela
Relacionado
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón
-
Remataron as Noites de Volei Praia en Cervo
-
En Academia A Mariña deu comezo a décimo segunda edición da Escola de Minitalentos