Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre reciclaxe na Fundación Eu Son

charla-reciclaxeUsuarios do centro de día da Fundación Eu Son, de Burela, recibiron este venres unha charla sobre a reciclaxe dos envases de plástico, latas e briks. Desta actividade encargáronse as monitoras de Gaia, que explican que “hoxe en día recíclanse tres de cada dous envases de plástico, estando España á cabeza da reciclaxe dos chamados envases lixeiros” e engaden que “esta foi unha boa ocasión para fomentar a reciclaxe e colaborar co medio ambiente”.

Exit mobile version