Usuarios do centro de día da Fundación Eu Son, de Burela, recibiron este venres unha charla sobre a reciclaxe dos envases de plástico, latas e briks. Desta actividade encargáronse as monitoras de Gaia, que explican que “hoxe en día recíclanse tres de cada dous envases de plástico, estando España á cabeza da reciclaxe dos chamados envases lixeiros” e engaden que “esta foi unha boa ocasión para fomentar a reciclaxe e colaborar co medio ambiente”.
Charla sobre reciclaxe na Fundación Eu Son
Charla sobre reciclaxe na Fundación Eu Son
Relacionado
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
45 alumnxs do IES de Foz graduáronse este mércores nun acto emotivo e divertido