Site icon Crónica3.com A Mariña

O bo tempo fixo que o desfile de Entroido de Lourenzá fora un éxito de público

100314 FOTO ENTROIDO LOURENZA (1)Lourenzá, 10 de marzo de 2014.  A concelleira de Cultura en Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, destacou que o desfile de Entroido celebrado este domingo en Vilanova foi un éxito de público grazas ao bo tempo.

Ademais a edil pide “desculpas polos pequenos erros que puidesen terse producido e dos que a organización toma nota para intentar emendalos nas vindeiras edicións” e agradece publicamente “a colaboración das agrupacións de Protección Civil tanto de Lourenzá como doutras localidades, que de maneira voluntaria nos acompañaron nesta xornada.

Tamén queremos facer mención ó xurado, composto por membros das áreas de Cultura (concelleiros, técnicos de cultura e turismo, animadores socioculturais, etcétera) dos concellos de Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Ourol e Xove, que garanten a obxectividade das decisións tomadas”.

Lupe Flórez tamén fixo público o agradecemento aos participantes no desfile e destacou que “viñeron de lugares moi diversos e entre os premiados houbo xente de Lourenzá, Barreiros, Foz, Ribadeo, Burela, San Cibrao, Valadouro, Alfoz, Pastoriza, Vilalba, Castro de Rei, Lugo, Vegadeo, Tapia, etcétera, sen os cales a xornada de festa non sería posible, xa que son os verdadeiros protagonistas do noso Entroido”.

E este é o listado dos premiados:

INFANTÍS:

Categoría INDIVIDUAL

Posto Nome do participante
20 € Aixam Transformer
25 € Princesa Medusa
30 € Up
40 € Sin freixós non hai entroido
45 € La flor de mi jardín
55 € Mario Bros
65 € Tiana y el Sapo

Categoría PARELLAS

Posto Nome do participante
15 € Orientales galácticas
30 € As espigadas
50 € As caixiñas de música
75 € As damas do palillo
100 € A mundo das fadas

 

Categoría GRUPOS

Posto Nome do participante
50 € Os exipcios do C.E.I.P. Juan Rey
100 € La perla negra
150 € El pequeño reino de Ben y Holly
200 € O cociñeiro e as súas langostinas
250 € Os esquimós achéganse a Lourenzá

ADULTOS:

Categoría INDIVIDUAL

Posto Nome do participante
75€ Corchos en Venecia
100 € Winnie the Pooh vaise de Carnaval
150 € Recordo de Galicia

Categoría PARELLAS

Posto Nome do participante
75 € A Frouxeira
125 € As reinas do Abanico
200 € En el tiempo de los dinosaurios

Categoría GRUPOS

Posto Nome do participante
100 € 101 Dálmatas
200 € Os farillóns
300 € Alegría d´os mismos

Categoría CARROZAS

Posto Nome do participante
100 € ——- (quedou deserto)
250 € ——- (quedou deserto)
350 € Moulin Rouge

Categoría CHARANGAS

Posto Nome do participante
100 € ——- (quedou deserto)
200 € ——- (quedou deserto)
300 € O mellor de cada casa

 

Categoría COMPARSAS

Posto Nome do participante
150 € Os Macanudos
250 € Sin Xeito
350 € A Choca

Premio especial O MÁIS CHISTOSO

Posto Nome do participante
50 € Gym Tonic
Exit mobile version