Lourenzá, 10 de marzo de 2014. A concelleira de Cultura en Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, destacou que o desfile de Entroido celebrado este domingo en Vilanova foi un éxito de público grazas ao bo tempo.
Ademais a edil pide “desculpas polos pequenos erros que puidesen terse producido e dos que a organización toma nota para intentar emendalos nas vindeiras edicións” e agradece publicamente “a colaboración das agrupacións de Protección Civil tanto de Lourenzá como doutras localidades, que de maneira voluntaria nos acompañaron nesta xornada.
Tamén queremos facer mención ó xurado, composto por membros das áreas de Cultura (concelleiros, técnicos de cultura e turismo, animadores socioculturais, etcétera) dos concellos de Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Ourol e Xove, que garanten a obxectividade das decisións tomadas”.
Lupe Flórez tamén fixo público o agradecemento aos participantes no desfile e destacou que “viñeron de lugares moi diversos e entre os premiados houbo xente de Lourenzá, Barreiros, Foz, Ribadeo, Burela, San Cibrao, Valadouro, Alfoz, Pastoriza, Vilalba, Castro de Rei, Lugo, Vegadeo, Tapia, etcétera, sen os cales a xornada de festa non sería posible, xa que son os verdadeiros protagonistas do noso Entroido”.
E este é o listado dos premiados:
INFANTÍS:
Categoría INDIVIDUAL
Posto | € | Nome do participante |
7º | 20 € | Aixam Transformer |
6º | 25 € | Princesa Medusa |
5º | 30 € | Up |
4º | 40 € | Sin freixós non hai entroido |
3º | 45 € | La flor de mi jardín |
2º | 55 € | Mario Bros |
1º | 65 € | Tiana y el Sapo |
Categoría PARELLAS
Posto | € | Nome do participante |
5º | 15 € | Orientales galácticas |
4º | 30 € | As espigadas |
3º | 50 € | As caixiñas de música |
2º | 75 € | As damas do palillo |
1º | 100 € | A mundo das fadas |
Categoría GRUPOS
Posto | € | Nome do participante |
5º | 50 € | Os exipcios do C.E.I.P. Juan Rey |
4º | 100 € | La perla negra |
3º | 150 € | El pequeño reino de Ben y Holly |
2º | 200 € | O cociñeiro e as súas langostinas |
1º | 250 € | Os esquimós achéganse a Lourenzá |
ADULTOS:
Categoría INDIVIDUAL
Posto | € | Nome do participante |
3º | 75€ | Corchos en Venecia |
2º | 100 € | Winnie the Pooh vaise de Carnaval |
1º | 150 € | Recordo de Galicia |
Categoría PARELLAS
Posto | € | Nome do participante |
3º | 75 € | A Frouxeira |
2º | 125 € | As reinas do Abanico |
1º | 200 € | En el tiempo de los dinosaurios |
Categoría GRUPOS
Posto | € | Nome do participante |
3º | 100 € | 101 Dálmatas |
2º | 200 € | Os farillóns |
1º | 300 € | Alegría d´os mismos |
Categoría CARROZAS
Posto | € | Nome do participante |
3º | 100 € | ——- (quedou deserto) |
2º | 250 € | ——- (quedou deserto) |
1º | 350 € | Moulin Rouge |
Categoría CHARANGAS
Posto | € | Nome do participante |
3º | 100 € | ——- (quedou deserto) |
2º | 200 € | ——- (quedou deserto) |
1º | 300 € | O mellor de cada casa |
Categoría COMPARSAS
Posto | € | Nome do participante |
3º | 150 € | Os Macanudos |
2º | 250 € | Sin Xeito |
1º | 350 € | A Choca |
Premio especial O MÁIS CHISTOSO
Posto | € | Nome do participante |
50 € | Gym Tonic |