Ante a falta de movementos da patronal e a inacción de Política Social, as asembleas de traballadoras avaliarán o próximo calendario de mobilizacións
A Coruña, a 21 de maio de 2025. As traballadoras das residencias privadas de maiores e dos centros de día están secundando este mércores a cuarta xornada de folga en demanda dun convenio que dignifique as súas condicións salariais e laborais e en resposta ao bloqueo patronal á negociación colectiva. Como nas xornadas anteriores, a folga está marcada polos servizos mínimos abusivos decretados pola Xunta de Galiza, malia o que as traballadoras volveron evidenciar a súa disposición a loitar até acadar as melloras que merecen.
Neste cuarto día de fola sucedéronse as accións de protesta por todo o país con concentracións, manifestacións, actividades reivindicativas e incluso un enterro do convenio. Até 13 mobilizacións convocadas pola CIG noutras tantas localidades, ás que hai que engadir as protestas do persoal nomeado en servizos mínimos diante dos centros, para trasladar o apoio á folga e reivindicar tamén unha atención de calidade para as persoas usuarias.
En Ferrol ademais, aproveitouse para facer entrega no rexistro da Xunta de Galiza das preto de mil sinaturas recollidas entre a veciñanza en apoio ás demandas das traballadoras e por un servizo de coidados de calidade. Mentres, traballadoras de varios centros da comarca da Coruña achegáronse até a Laracha para apoiar as compañeiras da residencia e centro de día, que viven unha situación laboral deplorábel, e algunhas teñen pendente de cobrar até dous meses de salario. Este centro é do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade a Benestar pero está xestionado pola empresa Siad24 Galicia.
“A patronal só ofrece miseria”
A través destas protestas, as traballadoras queren denunciar as propostas de miseria trasladadas pola patronal, que ten bloqueada a mesa de negociación dende o pasado mes de outubro. “Estamos reivindicando unhas condicións salariais e de traballo dignas, pero a patronal só nos ofrece migallas a pesar de ingresar beneficios millonarios e subirlle os prezos ás persoas usuarias”, critica Ana Domato, delegada da CIG nunha residencia privada da Coruña.
A CIG-Servizos lembra que este é un sector altamente feminizado e moi precarizado, no que a maioría das traballadoras cobran por debaixo do SMI e que rexistra unha elevada incidencia de enfermidades músculo-esqueléticas -que non están recoñecidas como profesionais- debido aos grandes esforzos físicos que se realizan. “As IT non están recoñecidas dende o primeiro día nin ao 100%, polo que hai moitas compañeiras que van traballar aínda estando enfermas”, advirte. A redución da xornada máxima anual é outra das principais demandas do sector para este convenio.
“Pedímoslle á patronal que sente negociar con nós e chegar a acordos para un convenio novo que non sexa de mínimos, senón un convenio decente que é polo que estamos loitando”, asevera.
Ratios obsoletas
Domato pon o acento na sobrecarga laboral constante que ten que asumir o persoal pola falta de traballadoras e traballadores e o deterioro asistencial que esta precariedade supón para as usuarias e usuarios. “Na maioría das residencias unha traballadora soa atende a 10 ou 15 persoas dependentes e temos dúas horas para facerlle todo o que precisa (erguer da cama, aseo, cambio de cueiro etc.). Como lle podemos dar unha atención decente a estas persoas?, inquire.
Por iso, a delegada da CIG exixe unha actualización das ratios “que quedaron totalmente obsoletas” e que se adecúen ás necesidades reais dos centros. “Non pode ser que haxa quendas de noite con só dúas traballadoras para atender a 150 residentes; residencias de 60 persoas cunha soa auxiliar; ou que de noite non haxa presenza física de persoal de enfermería porque a Xunta decidiu en decembro mudar a orde de ratios e eliminar esta obrigatoriedade”, denuncia.
“Chegou o punto de alzar a voz e dicir basta, necesitamos unhas condicións de traballo dignas e uns salarios xustos. Este é un sector esencial pero está tan precarizado que falta persoal precisamente polas malas condicións laborais. Non hai vocación que soporte esta precariedade”, concluíu.
Esta cuarta xornada de folga pon remate ao actual calendario aprobado polas traballadoras. Porén, ante a falta de movementos por parte da patronal e a falta de implicación da Consellaría de Política Social no conflito (que nin sequera respondeu á petición de reunión feita pola CIG-Servizos en setembro do ano pasado), nas vindeiras semanas celebraranse novas asembleas de persoal para acordar as seguintes mobilizacións e accións a realizar en demanda dun convenio digno para as residencias privadas de maiores e centros de día.




















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



