Nestes momentos estase a tramitar o expediente para a transmisión definitiva da titularidade do edificio
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025. A Xunta completará nos vindeiros meses a tramitación do expediente para a transmisión definitiva ao concello de Foz da propiedade do inmoble da residencia municipal. Así o indicou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola Garcia, nunha intervención no Pleno do Parlamento de Galicia na que deu conta da situación deste centro residencial.
Fabiola García explicou que o traspaso da titularidade do edificio foi acordado no seu día coa Administración local, polo que nuns meses este será integramente de propiedade municipal. Ademais, sinalou que a residencia é de xestión municipal porque así o decidiu o Concello para dar prioridade aos veciños de Foz, o que non sería posible se fora de xestión autonómica.
A conselleira manifestou que a Xunta seguirá traballando man con man con todos os concellos galegos na mellora da atención ás persoas maiores e para levar os servizos a todos os recunchos de Galicia. Neste sentido, destacou ás máis de 16.700 prazas públicas de atención residencial coas que hoxe conta a nosa comunidade, o triplo das que existían en 2009; as axudas directas de 5.000 euros anuais que se conceden a través do Bono Coidado no Fogar ou as casas do maior, servizos de atención diúrna que garanten unha atención personalizada, de proximidade e gratuíta nos concellos pequenos e de carácter rural.
Ademais, Fabiola García sinalou que o Executivo autonómico continuará avanzando nesta dirección coa posta en marcha do plan de residencias máis ambicioso da historia, con 24 novas en toda a comunidade que sumarán 1.800 prazas.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



