Foz, 22 de maio, 2025. Foz, 22 de maio de 2025. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo onte, mércores, unha reunión de traballo coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue. Á xuntanza tamén asistiron a primeira tenente de alcalde, Inés López Couto, a concelleira Ana Rojo e o director territorial da consellería en Lugo, Marco Antonio Fernández Piñeiro.
“Quero agradecerlle á conselleira de Vivenda a reunión, que fora solicitada polo Concello no mes de febreiro, e ao director territorial polo seu interese. A actitude da conselleira contrasta claramente coa de Fabiola García, que non se digna a falar con nós”, declara Fran Cajoto.
Urbanismo
No tocante ao urbanismo, o alcalde demandoulle á conselleira financiamento para o Plan Especial de Reforma Interior (PEPRI) do casco histórico de Foz, todo vez que o día 5 deste mes publicouse a aprobación definitiva e completa do PXOM de Foz. “Estamos a falar que a redacción do PEPRI, un documento imprescindible para poder edificar nos solares baleiros do casco histórico, ten un custo de entre 400 a 450 mil euros. A Xunta financiou con 389.000 euros no ano 2010 o PEPRI de Ribadeo e Foz precisa este documento para poder medrar de forma controlada. A conselleira respondeunos que neste momento a Dirección Xeral de Urbanismo está a financiar planes xerais pero abriuse á posibilidade de volver a costear estes documentos nos próximos exercicios. Agardamos poder acadar un acordo neste sentido porque sería moi importante para nosa vila”, explica o alcalde.
Outra cuestión que se abordou foi a posibilidade de establecer unha área de reforma integral (ARI) no entorno da basílica de San Martiño.
Auditorio
“En canto á construción dun auditorio, a conselleira remitiunos ao Fondo de Cooperación, un préstamo que o Concello tería que devolver. Cremos que a Xunta ten unha débeda con Foz neste sentido e estanse a financiar -non a prestar fondos- auditorios en Marín, en Ribeira ou o recentemente inaugurado de Lugo. Con fondos autonómicos fixéronse os auditorios de todos os concellos da Mariña; e Foz, o segundo por poboación, non dispón del”, declara o alcalde.
Vivenda
Fran Cajoto engade: “demandámoslle á conselleira vivenda pública autonómica para Foz, como fixo a Xunta en décadas pasadas nas promocións de Julia Minguillón e rúa Corporacións. A Xunta de Galicia agora mesmo céntrase unicamente nas cidades e non dispón de promocións en vilas costeiras tensionadas co turismo como é a nosa. Exploraremos a posibilidade de promotores privados que poidan optar a subvencións para vivenda de protección en aluguer ou venda, pero creemos que o problema da vivenda en Foz é algo moi urxente e que a Xunta de Galicia debería mudar as súas políticas neste sentido”.
Infraestruturas
“En canto á colaboración da Consellería para a humanización de rúas ou mellora de edificios públicos, estivemos falando sobre a opción de acollernos ao Plan HURBE da Dirección Xeral de Urbanismo, no cal a Xunta cofinancia determinados proxectos co 70% do investimento”, comenta o rexedor municipal de Foz, que indica tamén: “no tocante á terceira fase das beirarrúas na estrada LU-162 en Cangas, anunciada xa en 2015, a conselleira mostrouse disposta a rematar esta obra, de gran necesidade nunha travesía moi poboada e cunha circulación moi intensa. Tratamos tamén a mellora da intersección da LU-152 (estrada Ferreira – Foz ) coa estrada provincial LU-P-3101 á Hermida, que a conselleira se mostrou disposta a arranxar. Trasladámoslle a necesidade de mellorar o tramo de estrada vella e tamén a posibilidade de dispoñer unha intersección con carrís de apartado. Tanto neste cruce como en dúas interseccións no alto de Vilaronte imos enviarlle documentación adicional á Consellería. Na parroquia de San Acisclo tratamos sobre a humanización da ponte vella e a necesidade de completar a tala de taludes da estrada no entorno do río Ouro, que non se completou na última campaña”.
“Agradecemos a reunión mantida e esperamos que se materialicen as propostas, necesidades reais que ten o noso concello”, remata o alcalde.


























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



