Ribadeo, 23 de maio, 2025. Este xoves os asistentes puideron escoitar ao profesor, escritor e activista cultural Carlos Callón presentando o seu último libro “Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega” (Xerais, 2025). Foi un excelente pretexto para falar entre todas as persoas que acudiron e o autor sobre as súas últimas publicacións: “Vidas e historias LGBT da Idade Media”, ou “O libro negro da lingua galega”.
Unha marabillosa ocasión “para deleitármonos coa oratoria de quen tan maxistralmente soubo falarnos desde o noso pasado (o dos nosos avós e avoas) para presentarnos as lembranzas do seu pasado (“Cando morreu a miña avoa, morreu unha biblioteca”) e facelas presentes para proxectalas no futuro e darlles nova vida. Unha ocasión, en fin, ideal para destacar as características da tradición oral que durante séculos peiteou as emocións dun pobo, nomeadamente feminino, que contou, cantou e bailou ao son da nosa lingua”.
A A.C. Francisco Lanza organiza agora para a semana a presentación de Lois Pérez co seu último libro “Cartas na escuridade”, da editorial Cuarto de Inverno. Trátase dunha interesante historia protagonizada por uns mociños ugandeses durante a celebración do mundial de fútbol en Qatar. Esta novela recibiu o Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



