Olalla Rodil: “As actuacións xudiciais iniciadas pola Xunta o único que van facer é dilatar a recuperación da Torre”
Lugo, 19 de maio de 2025. A deputada autonómica Olalla Rodil lamenta que a Xunta de Galiza xudicialice o procedemento de incorporación ao patrimonio público da Torre de Caldaloba iniciado pola vicepresidencia da Deputación de Lugo, área de Cultura, en 2022 e retrase unha vez máis a protección e valorización desta fortificación.
Diante da demanda xudicial presentada pola Xunta, dende o Grupo parlamentario do BNG levaremos ao Parlamento iniciativas para reclamarlle ao goberno galego, do Partido Popular, que sente a dialogar coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
“As actuacións xudiciais iniciadas pola Xunta de Galiza, que se abstivo de dialogar administrativamente, só van dilatar máis as urxentes medidas de consolidación e recuperación da Torre de Caldaloba” expón a deputada nacionalista, que motivaron a compra do ben por parte da Deputación. Sería inadmisible que o único obxectivo do goberno galego fose non deixar facer a outra administración unicamente por non ser da mesma cor política.
Nunha visita realizada á Torre, acompañada pola deputada provincial de Cultura, Iria Castro, e veciñanza de Cospeito, “puidemos comprobar de primeira man a necesidade urxente de que se tomen medidas para consolidala, rehabilitala e adaptar o espazo para que poida ser visitado” explica Olalla Rodil
É sorprendente que ao longo de máis de dous anos desde a adquisición por parte da Deputación dunha parte de Caldaloba o Goberno galego non se reunise co executivo provincial, malia as solicitudes formuladas polas persoas responsábeis en materia cultural, para abordar nunha reunión conxunta a titularidade da Torre e sobre todo o proxecto de consolidación, restauración e posta en valor deste importante ben patrimonial. Máis ao contrario.
De feito, esgotou a vía administrativa sen exercer os seus dereitos, razón pola que presentou a demanda xudicial reclamando o retracto da propiedade adquirida pola Deputación e co obxectivo de que lle sexa conferida á Xunta.
A Torre de Caldaloba, ademais de BIC, é o último resto en pé do que noutrora foi unha fortaleza destruída tras as revoltas irmandiñas. Pertenceu ao Mariscal Pardo de Cela. Tras a súa decapitazón, herdárona Dona Constança de Castro e Fernán Ares de Saavedra filla e xenro do Mariscal. Foi o derradeiro reduto da nobreza galega en resistencia na época dos Reis Católicos.
Desde o G.P. do Bloque Nacionalista Galego “levamos anos reclamándolle á Xunta de Galiza actuacións urxentes para impedir a degradación deste ben, o seu progresivo deterioro e sobre todo a súa posta en valor e divulgación. Nestas demandas sempre nos atopamos co non do Partido Popular que, sen ir máis lonxe, rexeitaba actuar en outubro de 2017 votando en contra da proposta do BNG no Parlamento galego”concúe Rodil






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



