Xabier Díaz, Tumba e Dalle, Lagharteiras ou Unto Vello son algúns dos nomes destacados dun cartel que combina concertos, relatorios, exposicións e foliada
Barreiros, 28 de maio de 2025. A Asociación Tecedeira vén de presentar o programa completo das III Xornadas Etnográficas da Mariña (XEAM), que se desenvolverán en Barreiros do 30 de maio ao 1 de xuño, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros.
Tras o concerto da cantora galega Su Garribo Pombo o pasado venres na Praza do Concello a modo de antesala das Xorrnadas, a asociación deu a coñecer o programa completo deste encontro que se reafirma como un referente para a posta en valor da cultural tradicional galega na Mariña lucense.
O deputado de Mocidade Daniel García encadrou “o apoio á organización das Xornadas na colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén co tecido asociativo para extender a actividade cultural por todo o territorio” e celebrou “a consolidación destas Xornadas sobre a música, o baile e o traxe tradicional galego na Mariña, como unha cita festiva pero tamén con vontade divulgativa”.
Neste sentido, recordou que “xunto ao traballo de músicos e investigadoras, o tecido asociativo vinculado aos grupos música tradicional tiveron un papel fundamental na conservación e na transmisión da nosa tradición musical, algo que recoñece e se pon en valor tamén no programa das Xornadas”.
A alcaldesa de Barreiros Ana Ermida sinalou que “para o Concello de Barreiros é un orgullo e un luxo albergar as Xornadas, coa presenza de persoas moi importantes no mundo da tradición e da cultura galega e que veñen a reforzar o traballo que se fai neste concello desde hai moitos anos por parte de asociacións como O Arco da Vella”.
A rexedora incidiu en que “a cultura tradicional non pode quedar nos museos, se non que debemos entendela como unha cultura viva e potenciar estas actividades que a proxectan e a trasladan ás xeracións que veñen por detrás, creando un sentimento de pertenza a un pobo que nos identifica e nos representa”.
Programa
Tras a apertura institucional a cargo da alcaldesa Ana Ermida, a programación dará comezo o venres 30 coa actuación de Tumba e Dalle, grupo mariñao que interpretará un repertorio baseado nas músicas recollidas na Mariña, facendo da oralidade e da transmisión local o seu punto de partida.
O sábado 31 estará centrado no coñecemento e na celebración das expresións culturais do territorio. O músico e investigador Xabier Díaz compartirá a súa experiencia nas recollidas de campo no encontro titulado Metendo as mans na terra. Seguiralle unha visita guiada á exposición “Tecedeiras, arte e talento na sombra”, unha mostra de pezas do enxoval doméstico tradicional pertencente á colección de Manuel R. Calviño.
A tarde continuará co relatorio da gaiteira e musicóloga focega Xiana Teixeiro, que afondará na historia dos cuartetos mindonienses Os Pacheco e Os Veigas. A xornada culminará coa tradicional foliada/polavila, con agrupacións da comarca como O Arco da Vella (San Miguel de Reinante), Amado Lar (O Valadouro), As Ferriñas (O Vicedo), Osorio Gutiérrez (Lourenzá) e A Chocolateira (A Pontenova), e os concertos de Unto Vello e Lagharteiras, estas últimas recoñecidas polo seu traballo continuado na recuperación e reinterpretación do repertorio das cantareiras galegas.
O domingo 1 de xuño o protagonismo recae novamente na exposición e na memoria sonora, coa escoita dunha gravación histórica do gaiteiro Hermógenes, recollida por Quique Penabad nos anos 80 en Barreiros, que será reinterpretada polos gaiteiros de O Arco da Vella. Pechará a xornada a presentación do libro “Cantareiras” de Icía Varela e Xosé Manuel Varela, que percorre a tradición musical das pandeireteiras desde a terra de Nemancos ata Bergantiños e Cerqueda. A clausura celebrarase cunha mostra etnográfica na Praza do Concello, coa participación de O Fiadeiro (Vigo) e O Arco da Vella (San Miguel de Reinante).
As Xornadas, cunha imaxe deseñada polo artista mariñao Davixino, consolidan o seu papel como espazo de encontro interxeracional, reflexión colectiva e celebración viva da cultura e música tradicional da Mariña e do conxunto de Galicia.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



