Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada con Fran Bueno

fran-buenoOs VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña serán clausurados este martes 27 de maio ás 12.20 horas na biblioteca do IES Perdouro coa presenza de Fran Bueno, recoñecido debuxante con gran proxección internacional. É o primeiro autor galego en traballar profesionalmente no sector comercial do cómic estadounidense e, ademais, foi galardonado recentemente co Premio Castelao 2013 de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. Bueno abrirá o acto cunha master class e a continuación entregará os premios aos gañadores do concurso de creación de BD convocados polos Encontros.

Exit mobile version