Os VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña serán clausurados este martes 27 de maio ás 12.20 horas na biblioteca do IES Perdouro coa presenza de Fran Bueno, recoñecido debuxante con gran proxección internacional. É o primeiro autor galego en traballar profesionalmente no sector comercial do cómic estadounidense e, ademais, foi galardonado recentemente co Premio Castelao 2013 de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. Bueno abrirá o acto cunha master class e a continuación entregará os premios aos gañadores do concurso de creación de BD convocados polos Encontros.
Clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada con Fran Bueno
Clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada con Fran Bueno
Relacionado
-
A UNED de Viveiro, dentro do seu programa de activiades de maio, ten aberta ata remate de mes nos baixos da biblioteca municipal, unha exposición sobre a trata de persoas
-
A directiva de Acisa lembra que os premiados na campaña do Día da Nai teñen ata o 16 de maio para reclamar os seus premios nas súas oficinas
-
A escola infantil municipal de Cervo celebrou a festa dos maios