O Congreso será inaugurado este xoves ás 17:30 horas, no Salón dos Chaos, pola Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo e o Alcalde da Fonsagrada
Lugo, 17 de setembro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este mércores no Pazo de San Marcos aos representantes do I Congreso de Turismo de Embalses de España, entre eles o Presidente de FEMEMBALSES, Luis Fernando García Nicolás, a Secretaria Xeral da entidade, Maite BardajíLanau, e alcaldes e alcaldesas de concellos con encoros de toda España.
Tomé Roca deulles a benvida á provincia e mantivo unha reunión cos participantes do foro, no que se abordará entre mañá e o venres na Fonsagrada o aproveitamento das augas de interior como motor turístico, no marco do proxecto TUREMBALSES do que forma parte a institución provincial.“É un pracer dar a benvida á provincia de Lugo a este congreso pioneiro, que pon o foco nun recurso con enorme potencial turístico como son os encoros”, subliñou.
O Presidente subliñou ademais que a provincia aposta por un modelo de turismo sostible, equilibrado e desestacionalizado, que xere riqueza e emprego de calidade no conxunto do territorio. Afirmou que “estamos convencidos de que unha xestión intelixente do turismo é un motor de desenvolvemento para o rural, que contribúe á cohesión territorial e a frear as dinámicas demográficas negativas”. Así mesmo, lembrou que a oferta turística da provincia de Lugo “sempre estivo vinculada á auga: a costa da Mariña, os ríos, lagos e encoros, as illas fluviais do Miño ou o éxito das rutas en catamarán pola Ribeira Sacra”.
“Buscamos un turismo que combine patrimonio cultural, histórico e natural; adaptado a diferentes perfís de visitantes e accesible a todos os orzamentos. Apostamos pola calidade porque queremos que quen nos visita queira volver”, engadiu o mandatario provincial.
Durante o encontro, o mandatario provincial entregou aos participantes folletos de promoción turística da provincia e un paraugas institucional.
A Fonsagrada, escenario do foro
O I Congreso de Turismo de Embalses arrincará este xoves ás 17:30 horas na Fonsagrada coa inauguración a cargo da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Alcalde e Deputado provincial, Carlos López López, e a Subdirectora Xeral de Desenvolvementoe Sostenibilidade Turística da Secretaría de Estado de Turismo do Goberno de España, Ilona Shekyants Kazaryan.
O encontro reunirá a expertos, institucións, empresas e entidades sociais para poñer en valor os encoros como recursos estratéxicos para un turismo sostible, innovador e competitivo no medio rural. Na cita, abordaranse cuestións clave como a potencialidade do turismo de embalses, gobernanza e xestión sostible dos encoros como recurso turístico, dixitalización e calidade da oferta, oportunidades de negocio e cooperación entre territorios, e retos e oportunidades.
O proxecto TUREMBALSES está impulsado polas Deputacións de Cáceres, Lugo e Badajoz, FEMEMBALSES, a ADI Sierra Oeste de Madrid, a Mancomunidade Valle Norte do Lozoya e a Asociación Navarra Tierras de Iranzu, co obxectivo de posicionar as augas de interior como destinos turísticos sostibles e motores de desenvolvemento rural en España. Da Federación de Asociacións e Municipios con Centrais Hidroeléctricas e Embalses (FEMEMBALSES) hai 530 asociados de toda España. Na provincia de Lugo están integrados 12 concellos, que son: A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Pantón, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Sober, O Páramo, O Saviñao, Guntín e Taboada.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



