Ribadeo, 17 de setembro de 2025. Ribadeo reclama o apoio da Deputación de Lugo para o abastecemento de auga e para a mellora das instalacións deportivas. E ao Estado un novo acceso á vila desde A-8 e a mellora da varanda da Ponte dos Santos. Estes foron algúns dos asuntos abordados no pleno celebrado onte á tarde-noite no Concello ribadense.
O alcalde, Dani Vega, contou que “tivemos pleno no Concello de Ribadeo, onde abordamos varios asuntos de interese. O primeiro deles foi informar ao pleno de todos os decretos da Alcaldía, que seguiron toda esa tramitación de recursos especiais en materia de contratación sobre a licitación da xestión do ciclo da auga. Houbo unha dación de conta das resolucións que se presentaron ante o Tacgal. Unha das empresas presentou recurso, o Concello informou ao Tacgal e o Tribunal deulle a razón ao Concello e agora vai continuar todo ese proceso de licitación para a xestión do ciclo da auga”.
As infraestruturas centraron unha parte importante d sesión plenaria: “tamén aprobamos aportar unha cantidade orzamentaria para arranxar e mellorar toda a estrada da circunvalación de Rinlo. Aí vamos mellorar todo o pavimento desde Rinlo ata A Devesa e a circunvalación. A Xunta de Galicia aporta 300.000 euros e o Concello ten que aportar outra porcentaxe, arredor do 20%, e este asunto tiña que ir a pleno, informar a todos os grupos da oposición e aprobalo. Deuse ese paso importante para seguir mellorando unha estrada fundamental. Recordar que xa investimos dende Vilaselán a Rinlo e agora queda o restante”.
O rexedor explicou que “tamén aprobamos todas as expropiacións dos hábitats da zona ZEC das Catedrais, incorporamos parcelas que non estaban contempladas, pareceunos moi normal incorporar. Houbo unha proposta por parte de varios propietarios para que se lles expropiara e trouxémolo a pleno para investir. Recordar que aquí hai unha xestión de fondos europeos, o Concello non aporta orzamento, senón que utiliza eses fondos europeos que xestionamos”.
Mocións
Varias foron as mocións debatidas: “a primeira delas para reclamar de novo que o Estado faga un novo ceso á vila desde A-8 a Ribadeo. É unha reclamación histórica e aquí o goberno central creo que ten que tomar unha decisión de investir dunha vez por todas. Ese acceso é fundamental, tamén é prioritario o acceso dende a estrada de Vilela, facer un acceso directo á variante, iso evita o tráfico pesado que pasa polos Garitos e recordar que todo iso tráfico ten un acceso directo ou á autovía ou tamén á zona portuaria. Aquí houbo unha incorporación, así o pactamos todos os grupos da Corporación, non so reclamarlle ao Estado iso, senón mellorar toda a varanda da Ponte dos Santos e seguir investindo no pavimento, é dicir investir para e mellorar a A-8 ao seu paso por Ribadeo”.
O alcalde relatou que “tamén reclamamos á Deputación que invista o 20 % restante do abastecemento da auga. Vamos a renovar toda a tubaxe desde Vilarbetote ata Ribadeo. Aquí hai unha achega moi importante da Xunta de Galicia de 7,5 millóns de euros, pero o restante de momento ten o compromiso ou Concello de Ribadeo, dado que Trabada nun puido aportar o orzamento, pero si que se uniu á xestión. Aquí hai unha xestión de fondos europeos, unha achega autonómica, que decide tamén a comunidade e xestiona os fondos europeos, pero falta ese 20%. Entendo que a Deputación pode facelo, dado que outras Deputacións, como é Coruña, Pontevedra, Ourense o fan e colaboran cos Concellos, coa Xunta, para mellorar a rede de abastecemento de auga dos municipios. Se o fan elas, preguntámonos por qué non a de Lugo. Entendo que acollerán esta proposta do Concello, que tamén vamos trasladar ao grupo popular, ao grupo maioritario esta proposta, é dicir vaise debater na Deputación, e entendo que tamén haberá un voto unánime para aportar ese 20%. Entendo que sexa así porque senón van ter que explicar porque non colaboran co Concello de Ribadeo en algo prioritario e en algo fundamental. Non é simplemente investir nun edificio, senón que é investir nunha infraestrutura importante, creo que é máis importante para Ribadeo, non so orzamentariamente, senón que é necesario ter unha renovación completa da tubaxe. Se queremos medrar como pobo, se queremos incrementar a poboación, se queremos ter máis vivendas, se queremos ter máis industria, é necesario ter unha boa tubaxe para ter auga e non sufrir eses cortes continuados, esas roturas continuadas, que houbo no tempo. Durante moito tempo non se fixo ningunha inversión, eu creo que agora é o momento, a Xunta colaborou e esperemos que a Deputación tamén o faga”.
Alcoa
Dani Vega comentou que “houbo tamén unha proposta por parte do BNG dunha moción sobre Alcoa, de reivindicación para que o Estado siga mellorando e siga investindo na calidade de vida dos traballadores, que siga investindo en Alcoa e así reforzar unha das industrias máis importantes non só da Mariña nin da provincia de Lugo, é unha das industrias máis importantes de Galicia e fundamental. Houbo un apoio unánime á proposta do BNG. Escoitamos tamén os traballadores de Alcoa, démoslles a palabra ao rematar o pleno, incluso debatemos con total cordialidade, porque entendemos que teñen razón, que os gobernos deben escoitar as súas propostas e o goberno central, dunha vez por todas, dar unha solución xa que parece que hai boas palabras, pero non hai ningún feito. E os traballadores reclaman feitos e non quedarse simplemente en palabras. Ribadeo é un exemplo de unanimidade, de apoio continuo aos traballadores de Alcoa e vamos seguir nesa liña e nesas propostas que favorecen a calidade de vida da xente”.
O rexedor declarou: “o equipo de goberno presentou tamén unha moción para reclamarlle á Deputación a colaboración para investir e mellorar nas instalacións deportivas de Ribadeo. Somos conscientes que estamos facendo un esforzo moi importante, pero eu creo que todos os clubs, todas as asociacións, todas as entidades deportivas merecen ter unhas instalacións axeitadas e ben conservadas. Somos coñecedores de que o pavillón, por exemplo, que está situado na rúa Alfredo Deaño leva moitos anos sen facerse ningún tipo de inversión e todos somos conscientes de que hai que tomar unha decisión, por iso o Concello de Ribadeo xa está investindo preto de 200.000 euros nestes momentos para mellorar todo o pavillón así como a mellora do pavillón de Cubelas”.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, dixo que “neste momento estamos a realizar obras nos pavillóns da rúa Alfredo Deaño e de Cubelas, xa que o seu estado poñía en risco a práctica deportiva en condicións óptimas e solicitamos á Deputación a achega do cincuenta por cento do custe deses traballos, xa que consideramos conveniente e necesario que a institución provincial siga a colaborar co Concello de Ribadeo, tal e como o fixo no pasado. Pedimos o 50% do orzamento para o pavillón de Alfredo Deaño e o 50% para o pavillón de Cubelas. E tamén solicitamos que costee o 50% do proxecto, que xa estamos comezando a xestionar, para o novo campo de herba artificial que tanto precisa Ribadeo. O fútbol base medrou un 20% nos dous últimos anos e temos que responder ás súas demandas. Por iso pensamos que a Deputación de Lugo podería axudarnos achegando o 50% desa inversión tan necesaria para Ribadeo”.
O alcalde engadiu que “o de onte foi un pleno positivo, un pleno de distintos puntos na orden do día, que é todo con xestión para que siga Ribadeo avanzando”.


























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



