Site icon Crónica3.com A Mariña

Contacontos en Xove co programa ‘Ler conta moito’

ACTUACIÓN DE TIM BOWLEY EN XOVE (3)A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou unha actuación dentro do programa LER CONTA MOITO, patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas. Das tres actividades programadas polo Concello de Xove este mércores de 12:30 a 13:45 horas no Salón de Actos do Centro Cívico celebrouse a segunda: “DÚAS LÍNGUAS, UNHA HISTORIA”. Trátase d unha proposta de achegar o galego e a lectura a través de contos de raigame atlántica, galega, bretona, etc. O contacontos inglés TIM BOWLEY acompañado de CHARO PITA fixeron as delicias dos 80 alumnos e alumnas do IES Illa de Sarón que participaron nesta actividade.

Exit mobile version