A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou unha actuación dentro do programa LER CONTA MOITO, patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas. Das tres actividades programadas polo Concello de Xove este mércores de 12:30 a 13:45 horas no Salón de Actos do Centro Cívico celebrouse a segunda: “DÚAS LÍNGUAS, UNHA HISTORIA”. Trátase d unha proposta de achegar o galego e a lectura a través de contos de raigame atlántica, galega, bretona, etc. O contacontos inglés TIM BOWLEY acompañado de CHARO PITA fixeron as delicias dos 80 alumnos e alumnas do IES Illa de Sarón que participaron nesta actividade.
