O Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, destacou, nun encontro con diferentes xogadoras e xogadores e membros do club, que “esta colaboración non é só unha distinción á entidade deportiva senón que tamén supón un importante apoio para que poidan lograr unha maior estabilidade económica de cara á vindeira tempada”
Lugo, 9 de xullo de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Alcaldesa do Concello de Burela e Deputada Provincial, Carmela López Moreno, veñen de manter un encontro na praia do Cabaliño deste municipio mariñán con diferentes xogadores e xogadoras do Burela Fútbol Sala, co obxectivo de coñecer, de primeira man, a situación da entidade. Nesta visita, na que tamén participaron membros da xunta directiva e persoal técnico, o mandatario provincial fíxolles entrega dun premio económico de 35.000€ co que a Deputación de Lugo pretende recoñecer a súa traxectoria deportiva, o labor que desenvolven en materia de igualdade e o impacto económico que ten para a comarca mariñá e todo o conxunto da provincia.
O mandatario provincial recordou que o Burela Fútbol Sala “conseguiu consolidarse, en pouco máis de vinte anos, como un auténtico referente deportivo tanto a nivel nacional como internacional. Grazas ao esforzo de todas as persoas que conforman esta entidade foron quen de acadar importantes distincións como a sétima Copa da Raíña ou o recoñecemento ao Mellor Club Feminino do Mundo no 2021-2022, entre outros moitos logros”.
Sinalou tamén o Presidente que “os seus éxitos deste Club non só soamente deportivos, senón que tamén se trata dunha entidade que sobresae en materia de igualdade, polo seu compromiso na loita dos estereotipos de xénero; por incentivar o deporte base na comarca; e por actuar como auténticos embaixadores da nosa provincia”.
Tomé Roca recalcou que esta aportación “é un recoñecemento ao seus esforzos, pero tamén é un importante apoio para que logren acadar unha maior estabilidade económica de cara á vindeira tempada, sigan competindo ao máis alto nivel e continúen proxectando a Mariña e a nosa provincia tanto dentro como fora de España”.















Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.
Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.

