Encarna Amigo subliña que “o verdadeiro garante da atención sanitaria en Cospeito non é o PSOE, senón a Xunta de Galicia e o alcalde do municipio, que traballan con rigor e responsabilidade para que os servizos funcionen”
Lugo, 11 de xullo de 2025. A deputada lucense e portavoz de Sanidade do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Encarna Amigo, asegura que as declaracións da deputada socialista Lara Méndez sobre a atención pediátrica en Cospeito “faltan á verdade e buscan alarmar á veciñanza con fins partidistas e electoralistas”.
A popular rexeita rotundamente as afirmacións falsas vertidas polo PSOE: “menten mesmo nos datos máis básicos”; xa que non son 1.400 os nenos e nenas atendidos polo pediatra compartido entre Cospeito, Castro de Rei e Outeiro de Rei, senón 975 en total. E, concretamente en Cospeito, 286.
A atención pediátrica en Cospeito está garantida. Estase realizando dous días á semana, como antes da baixa temporal da profesional titular. Así, os tres concellos contan cun único pediatra compartido, como sucedía previamente, e os días de atención foron recuperados tan pronto como foi posible dispoñer de persoal. Ademais, sempre se garante un oco libre para calquera urxencia ou imprevisto, polo que ningún neno ou nena queda sen atención cando a necesita.
“Mentir sobre a realidade sanitaria e xogar coa preocupación das familias é absolutamente irresponsable. O PSOE prefire a confrontación antes que aportar solucións reais”, segundo afirma a popular.
A portavoz de Sanidade lembra que “os médicos de familia están perfectamente capacitados para atender á poboación infantil, como establece o seu programa formativo MIR, e en Galicia a maioría das prazas están cubertas por pediatras, ao contrario que noutras comunidades gobernadas polo PSOE”. Ademais, a Xunta mantén operativas as enfermeiras pediátricas, incluída a profesional de Cospeito, que atende luns e mércores, o que reforza a atención aos nenos e nenas.
Encarna Amigo subliña que “o verdadeiro garante da atención sanitaria en Cospeito non é o PSOE, senón a Xunta de Galicia e o alcalde do municipio, que traballan con rigor e responsabilidade para que os servizos funcionen. Quen de verdade vela polos veciños de Cospeito é a Xunta e o seu alcalde, que traballan con feitos, non con pancartas. O PSOE prefire buscar titulares falsos en lugar de arrimar o ombreiro. Cospeito ten pediatra, ten atención sanitaria e ten un goberno responsable que cumpre coa súa xente”, conclúe.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



