Subliña que as persoas que precisan atención urxente en primaria teñen asistencia sanitaria garantida porque a sanidade pública conta cos mecanismos necesarios para atender de inmediato o que non pode esperar
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025. O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou esta tarde no Parlamento de Galicia que a asistencia médica programada nos dous centros de saúde de Cervo estará garantida durante os meses de verán.
En resposta a unha pregunta parlamentaria, o responsable da Sanidade galega remarcou que o Servizo Galego de Saúde está a adoptar as medidas necesarias para asegurar a atención sanitaria de calidade e conxugala coas vacacións e dereitos laborais dos seus profesionais.
Incidiu en que o consultorio de Cervo e o centro de saúde de San Cibrao garanten a asistencia sanitaria de calidade no municipio.
“A asistencia médica no concello de Cervo está garantida, tanto a programada como a urxente”, destacou o titular da carteira sanitaria da Xunta.
Segundo explicou Gómez Camaño, no consultorio de Cervo aténdense as citas médicas 3 días á semana e todos os días no centro de saúde de San Cibrao, onde ademais se atenden as consultas de tipo urxente.
Ademais, en Cervo seguirán a traballar unha enfermeira e un profesional de servizos xerais, mentres que San Cibrao contará cun pediatra, 3 enfermeiras e 1 profesional de servizos xerais.
Remarcou que as persoas que precisan unha cita urxente en primaria teñen atención sanitaria garantida porque a sanidade pública conta cos mecanismos necesarios para atender de inmediato o que non pode esperar.
“Mentres vostedes se dedican a difundir información falsa, nós traballamos e buscamos solucións”, sinalou o conselleiro de Sanidade en referencia aos grupos da oposición.
Gómez Caamaño puxo en valor os 12 millóns de euros que a Xunta destina ao Plan de cobertura asistencial do verán, ao tempo que agradeceu o esforzo e implicación dos profesionais do Servizo Galego de Saúde.
No peche da súa intervención, Gómez Caamaño lamentou a inacción do Goberno central para adoptar medidas que palíen a falta de médicos e de pediatras na atención primaria de todo o país. “Deixen de alimentar a información falsa e pida con nós ao Ministerio de Sanidade as medidas necesarias para solucionar o déficit de profesionais sanitarios” concluíu.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



