O proxecto, que está financiado pola Consellería do Mar a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña- Ortegal, ten como obxectivo visibilizar o papel das mulleres e analizar a realidade da cadea mar-industria e o seu impacto no territorio
Cariño (A Coruña), 9 de xullo de 2025. A directora de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, participou hoxe na xornada final do proxecto Miranda. Mirada ao mar, promovido pola Asociación Profesional de Redeiras de Cariño. O evento, que tivo lugar na Casa do Concello da localidade coruñesa, reuniu aos colectivos de mariscadoras, redeiras e traballadoras da conserva da vila, co obxectivo de poñer en valor o legado destas profesións e o que supoñen no marco da actividade pesqueira da vila.
Alí, a directora xeral destacou o papel das mulleres no sector do mar, tradicionalmente invisibilizado, e resaltou o seu liderado á hora de enfrontar os retos presentes e futuros da pesca. Nesta liña, valorou moi positivamente esta iniciativa, financiada pola Consellería do Mar a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp) A Mariña- Ortegal, que ten como finalidade valorizar a actividade marítimo-pesqueira como elemento tractor e dinamizador da economía local e o desenvolvemento das zonas costeiras.
Ángeles V. Suárez subliñou a crucial contribución das profesionais en ámbitos como a reparación dos aparellos de pesca, o marisqueo ou na industria conserveira no que teñen unha presenza maioritaria. Ademais, recordou que nos últimos anos as mulleres foron gañando espazo noutros espazos na industria pesqueira como é o caso dos postos de mando nos buques pesqueiros ou en postos de responsabilidade das entidades sectoriais ou nas empresas. Con todo, precisou que aínda hai camiño por percorrer no que, sector e Administración autonómica van da man.
O proxecto, que realiza un análises e diagnose da situación da actividade pesqueira nesta zona do territorio desenvolveu distintas actividades nas que as redeiras, mariscadoras e as mulleres da conserva tiveron un papel protagonista. Nelas, achegaron á e ao resto do sector pesqueiro as problemáticas que enfrontan, e posibles solucións a poñer en práctica.
Unhas accións que contribúen a abordar outro dos principais desafíos do sector como a remuda xeracional, divulgando nos centros de ensino as profesións vencelladas á actividade pesqueira aproximando á mocidade a estes oficios. Do mesmo xeito, a iniciativa adquiriu unha dimensión territorial abarcando ao conxunto da Mariña e Ortegal, focalizando e tendo como base o desenvolvemento profesional das redeiras, e o seu impacto a nivel local en Cariño.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



