Site icon Crónica3.com A Mariña

O Asilo de Foz recibe o donativo de Alcoa cunha actuación musical

fozO sábado día 24 de maio, organizado pola asociación O Caiado, tivo lugar no Asilo de anciáns de Foz a actuación do cantante Chingla acompañado por Teo á guitarra. Unha estupenda actuación que fixo cantar e moverse a todos os que asistiron, rememorando cancións coñecidas par todos. Ao final do acto, a Asociación O Caiado fixo entrega do donativo que coa colaboración do Grupo Alcoa, se da á residencia para a mellora do lousado e limpeza de canlóns no edificio. Os membros do padraodo non puideron asistir polo que se lle deu aos traballadores da residencia. Con esta actuación O Caiado ademais de promover actividades e acompañamento aos residentes, pretende tamén mellorar as instalacións, difíciles de manter na actualidade.

Exit mobile version