O sábado día 24 de maio, organizado pola asociación O Caiado, tivo lugar no Asilo de anciáns de Foz a actuación do cantante Chingla acompañado por Teo á guitarra. Unha estupenda actuación que fixo cantar e moverse a todos os que asistiron, rememorando cancións coñecidas par todos. Ao final do acto, a Asociación O Caiado fixo entrega do donativo que coa colaboración do Grupo Alcoa, se da á residencia para a mellora do lousado e limpeza de canlóns no edificio. Os membros do padraodo non puideron asistir polo que se lle deu aos traballadores da residencia. Con esta actuación O Caiado ademais de promover actividades e acompañamento aos residentes, pretende tamén mellorar as instalacións, difíciles de manter na actualidade.
O Asilo de Foz recibe o donativo de Alcoa cunha actuación musical
O Asilo de Foz recibe o donativo de Alcoa cunha actuación musical
Relacionado
-
O Valadouro programa unha Lectura dramatizada de textos de Luísa Villalta, homenaxeada este ano 2024 no Día das Letras Galegas
-
A UNED de Viveiro, dentro do seu programa de activiades de maio, ten aberta ata remate de mes nos baixos da biblioteca municipal, unha exposición sobre a trata de persoas
-
A directiva de Acisa lembra que os premiados na campaña do Día da Nai teñen ata o 16 de maio para reclamar os seus premios nas súas oficinas