Burela, 25 de agosto, 2025. O Torneo Burela Turismo de Galicia disputarase este xoves día 28 ás 20.00h en Vista Alegre. As nosas Pícaras disputarán o seu segundo partido de pretempada, ante o 5 Coruña FS, patrocinado pola Axencia de Turismo da Xunta de Galicia. Encontro que será a presentación oficial do equipo diante da súa afección antes do comezo da nova tempada, que se inicia o 6 de setembro tamén no pavillón burelés.
Presentación Trofeo Burela Turismo de Galicia
A presentación do Trofeo tivo lugar esta fin de semana, coa estimada presencia de do delegado territorial Javier Arias, nun acto que se celebrou na entrada ao porto de Burela, unha localización emblemática e histórica para unha vila cuxa vida xira en torno ao mar. Por parte do CD Burela FS asistiron ao acto o presidente do club, José Luis Sáez; a adestradora do equipo feminino, Belén Feal; e as xogadoras Cristina Blanco e Laura Barranco.
O presidente da entidade agradeceu expresamente á Administración autonómica toda a axuda durante a pasada tempada a través da Axencia de Turismo de Galicia, contribuíndo á supervivencia do club, e que este ano seguen reforzando co patrocinio en exclusiva deste partido, sumado á colaboración mediante o convenio de patrocinio asinado o pasado mes de abril, dentro da aposta da Xunta por vincular o deporte de alto nivel coa proxección da imaxe turística da comunidade.
O delegado territorial puxo en valor o compromiso do Goberno galego cos clubs deportivos da nosa provincia, entre eles os que nos representan nas máximas categorías nacionais, como o Breogán, o CD Lugo, o Ensino, o Arenal Emevé, o Lugo Sala ou tamén o Castro FSF e o propio Burela FS, “co que estamos a facer un esforzo especial polo momento complicado que atravesa”.
Destacou ademais a traxectoria do Burela FS, “un club que fixo historia, levando o fútbol feminino ao máis alto nivel, coronándose con numerosos títulos nacionais e internacionais, e que proxecta o nome de Burela e da Mariña dentro e fóra das nosas fronteiras”. É por todo iso que a entidade burelesa representa -segundo sinala Arias- “non só un exemplo de excelencia deportiva senón tamén un destacado motor de dinamización social e económica para toda a comarca”, incidindo na xestión actual da entidade.
O representante autonómico gabou finalmente o labor do club a prol da igualdade de xénero, “apostando de xeito decidido polo deporte feminino”, e da promoción do deporte de base na comarca.
Por parte do club é unha honra formar parte dos proxectos que forman parte da Axencia de Turismo de Galicia, promocionando un sector moi presente na nosa comarca e axudando a impulsar e poñer en valor tanto o deporte coma a cultura da nosa vila e arredores.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.


