Site icon Crónica3.com A Mariña

Carlos Pita e Iago Iglesias no II Campus Máis que Fútbol

3-07-14 CAMPUS MÁIS QUE FÚTBOL! 012Este xoves día 3 de xullo o segundo Campus Máis que Fútbol recibiu a dous coruñeses con pasado deportivista coma Carlos Pita (que vai cumprir a súa 5ª tempada no C.D. Lugo) e Iago Iglesias (que competiu a pasada tempada no Racing de Ferrol). Logo de participar en pachangas co alumnado, tiveron unha sesión de preguntas e de autógrafos. Lembraron que coñecían Burela de vir xogar ó futsal, pois ambos co seu equipo do Galicia Gaiteira proclamáranse campións de España alevín no Vista Alegre na década dos 90. Resaltando a importancia de compaxinar fútbol e futsal durante as primeiras etapas. Lembraron o seu debut na 1ª división e as súas sensacións ó xogar no Nou Camp ou no Santiago Bernabeu, así coma compartir vestiario con Mauro Silva, Fran ou Valerón. Iago contounos anécdotas de David Vidal coma adestrador ou da súa presenza na selección sub -21 coa vermella. Carlos resaltou que Quique Setién foi o mellor adestrador que tivo até o de agora, igual que recoñeceu que lle gustaría volver algún día a xogar no Depor.

Exit mobile version