Este xoves día 3 de xullo o segundo Campus Máis que Fútbol recibiu a dous coruñeses con pasado deportivista coma Carlos Pita (que vai cumprir a súa 5ª tempada no C.D. Lugo) e Iago Iglesias (que competiu a pasada tempada no Racing de Ferrol). Logo de participar en pachangas co alumnado, tiveron unha sesión de preguntas e de autógrafos. Lembraron que coñecían Burela de vir xogar ó futsal, pois ambos co seu equipo do Galicia Gaiteira proclamáranse campións de España alevín no Vista Alegre na década dos 90. Resaltando a importancia de compaxinar fútbol e futsal durante as primeiras etapas. Lembraron o seu debut na 1ª división e as súas sensacións ó xogar no Nou Camp ou no Santiago Bernabeu, así coma compartir vestiario con Mauro Silva, Fran ou Valerón. Iago contounos anécdotas de David Vidal coma adestrador ou da súa presenza na selección sub -21 coa vermella. Carlos resaltou que Quique Setién foi o mellor adestrador que tivo até o de agora, igual que recoñeceu que lle gustaría volver algún día a xogar no Depor.
Carlos Pita e Iago Iglesias no II Campus Máis que Fútbol
Carlos Pita e Iago Iglesias no II Campus Máis que Fútbol
Relacionado
-
A UNED de Viveiro, dentro do seu programa de activiades de maio, ten aberta ata remate de mes nos baixos da biblioteca municipal, unha exposición sobre a trata de persoas
-
A directiva de Acisa lembra que os premiados na campaña do Día da Nai teñen ata o 16 de maio para reclamar os seus premios nas súas oficinas
-
A escola infantil municipal de Cervo celebrou a festa dos maios