Site icon Crónica3.com A Mariña

Debate en Radio Burela sobre a campaña turística de verán

IMG_8618Burela, 29 de agosto de 2014.- Parolando chegou este xoves día 28 ó seu décimo programa na Radio Burela. Para o programa deste día, posto que o verán está chegando á súa fin, escolleuse facer balance da campaña turística na Mariña Lucense nesta etapa estival. Invitouse a representantes de varios hoteis da bisbarra: Xosé M. Pereira (Director do Hotel Ressort As Sirenas, en Viveiro), Pepe Rivera (Propietario do hotel “Illa Nova” de Foz), María Hermida (Directora do hotel rural “Vila do Val” de Ferreira do Valadouro), Sara Varela (Directora Comercial do hotel “Pazo da Trave”, en Viveiro) e Luís Rubal (Propietario do hotel “Canabal” de Burela). Todos coincidiron en que esta campaña turística mellorou as campañas estivais de anos anteriores e que, efectivamente, semella que se está a advertir unha certa mellora na situación de crise que vimos padecendo hai anos.

Exit mobile version