Burela, 29 de agosto de 2014.- Parolando chegou este xoves día 28 ó seu décimo programa na Radio Burela. Para o programa deste día, posto que o verán está chegando á súa fin, escolleuse facer balance da campaña turística na Mariña Lucense nesta etapa estival. Invitouse a representantes de varios hoteis da bisbarra: Xosé M. Pereira (Director do Hotel Ressort As Sirenas, en Viveiro), Pepe Rivera (Propietario do hotel “Illa Nova” de Foz), María Hermida (Directora do hotel rural “Vila do Val” de Ferreira do Valadouro), Sara Varela (Directora Comercial do hotel “Pazo da Trave”, en Viveiro) e Luís Rubal (Propietario do hotel “Canabal” de Burela). Todos coincidiron en que esta campaña turística mellorou as campañas estivais de anos anteriores e que, efectivamente, semella que se está a advertir unha certa mellora na situación de crise que vimos padecendo hai anos.
Debate en Radio Burela sobre a campaña turística de verán
Debate en Radio Burela sobre a campaña turística de verán
Relacionado
-
O obradoiro de xabóns artesanais comezou o pasado venres, dentro dos talleres terapéuticos do programa Arruguiñas, dixirido á poboación maior de sesenta anos do Concello de Cervo
-
Mariña Patrimonio está a organizar unha viaxe ao Courel para coñecer parte do seu patrimonio
-
O Valadouro programa unha Lectura dramatizada de textos de Luísa Villalta, homenaxeada este ano 2024 no Día das Letras Galegas