Site icon Crónica3.com A Mariña

Actos do día mundial do alzheimer en Burela

alzheimer-burelaO Concello acolleu os actos conmemorativos do día mundial do alzheimer. No salón de plenos tivo lugar unha charla sobre esta enfermidade e as persoas coidadoras a cargo de Mª Reyes Quelle Fra, terapeuta ocupacional e maestrada en dependencia e xestión de servizos sociais. E a continuación tivo lugar a presentación da asociación AFAN (asociación de familiares de persoas enfermas de alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas de Burela) da que xa forman parte arredor dunhas 15 familias ata o momento. O colectivo ten programadas varias actividades que darán comezo nos vindeiros días. O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, foron os encargados de darlles á benvida aos asistentes. Durán amósase satisfeita da acollida que tiveron os actos de hoxe “porque o salón de plenos do Concello estivo cheo. Unhas 60 persoas acudiron a celebrar este día”. Durante toda a mañá tamén houbo unha mesa informativa na praza do Concello na que estiveron membros de AFAN.

Exit mobile version