O Concello acolleu os actos conmemorativos do día mundial do alzheimer. No salón de plenos tivo lugar unha charla sobre esta enfermidade e as persoas coidadoras a cargo de Mª Reyes Quelle Fra, terapeuta ocupacional e maestrada en dependencia e xestión de servizos sociais. E a continuación tivo lugar a presentación da asociación AFAN (asociación de familiares de persoas enfermas de alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas de Burela) da que xa forman parte arredor dunhas 15 familias ata o momento. O colectivo ten programadas varias actividades que darán comezo nos vindeiros días. O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, foron os encargados de darlles á benvida aos asistentes. Durán amósase satisfeita da acollida que tiveron os actos de hoxe “porque o salón de plenos do Concello estivo cheo. Unhas 60 persoas acudiron a celebrar este día”. Durante toda a mañá tamén houbo unha mesa informativa na praza do Concello na que estiveron membros de AFAN.
Actos do día mundial do alzheimer en Burela
Actos do día mundial do alzheimer en Burela
Relacionado
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
45 alumnxs do IES de Foz graduáronse este mércores nun acto emotivo e divertido