Site icon Crónica3.com A Mariña

Cucarandainas no Día da Biblioteca de Alfoz

cucarandainasEn Alfoz celebraron o Día das Bibliotecas o venres 24 de outubro. Os nenos do CEIP “Castro de Ouro” reuníronse no Salón de Actos da Casa da Cultura para escoitar os contos de Sole, unha simpática rapaza de “Cucarandainas”. Sole sacou do peto unha chea de contos e encheu de maxia e de ilusión o local. Ó final todos os nenos recibiron de agasallo unha publicación patrocinada pola Mancomunidade de Municipios da Mariña: “Os Bolechas na Mariña”. O acto estivo organizado pola Biblioteca Pública de Alfoz.

Exit mobile version