En Alfoz celebraron o Día das Bibliotecas o venres 24 de outubro. Os nenos do CEIP “Castro de Ouro” reuníronse no Salón de Actos da Casa da Cultura para escoitar os contos de Sole, unha simpática rapaza de “Cucarandainas”. Sole sacou do peto unha chea de contos e encheu de maxia e de ilusión o local. Ó final todos os nenos recibiron de agasallo unha publicación patrocinada pola Mancomunidade de Municipios da Mariña: “Os Bolechas na Mariña”. O acto estivo organizado pola Biblioteca Pública de Alfoz.
Cucarandainas no Día da Biblioteca de Alfoz
Cucarandainas no Día da Biblioteca de Alfoz
Relacionado
-
A Ponte de Arante celebra esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela