Site icon Crónica3.com A Mariña

Inmersión lingüística do IES San Rosendo en Navarra

sanrosendo-navarra25 alumnos de 2º da ESO do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, seleccionados polas súas notas en Inglés, viaxan o domingo 19 a Lecaroz, na provincia de Navarra, para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés, que terá unha duración dunha semana. As profesoras acompañantes, Ana Belén López e Cristina Arango, ven neste proxecto unha moi boa oportunidade para que os rapaces teñan contacto de xeito habitual coa lingua inglesa. Durante estes días os rapaces traballarán con alumnos doutro centro educativo de Cataluña cuestións relacionadas coa paisaxe e a ecoloxía.

Exit mobile version