25 alumnos de 2º da ESO do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, seleccionados polas súas notas en Inglés, viaxan o domingo 19 a Lecaroz, na provincia de Navarra, para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés, que terá unha duración dunha semana. As profesoras acompañantes, Ana Belén López e Cristina Arango, ven neste proxecto unha moi boa oportunidade para que os rapaces teñan contacto de xeito habitual coa lingua inglesa. Durante estes días os rapaces traballarán con alumnos doutro centro educativo de Cataluña cuestións relacionadas coa paisaxe e a ecoloxía.
Inmersión lingüística do IES San Rosendo en Navarra
Inmersión lingüística do IES San Rosendo en Navarra
Relacionado
-
A UNED de Viveiro, dentro do seu programa de activiades de maio, ten aberta ata remate de mes nos baixos da biblioteca municipal, unha exposición sobre a trata de persoas
-
A directiva de Acisa lembra que os premiados na campaña do Día da Nai teñen ata o 16 de maio para reclamar os seus premios nas súas oficinas
-
A escola infantil municipal de Cervo celebrou a festa dos maios