Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos do IES Vilar Ponte visitan o Parlamento de Galicia

vilarponte-parlamentoAlumnos e profesores do IES Vilar Ponte de Viveiro visitaron esta mañá o Parlamento de Galicia onde foron recibidos polo seu Secretario, o tamén mariñán Jose Manuel Balseiro. Ademais de coñecer as principais estancias destas instalacións, interesáronse por diversos aspectos do funcionamento da Cámara lexislativa galega. Recibiron tamén como agasallo un libro, especialmente deseñado para os alumnos de Ensino Secundario, e do que é autor o catedrático de Constitucional Roberto L. Blanco Valdés, con ilustracións de Pinto & Chinto.

Exit mobile version