Alumnos e profesores do IES Vilar Ponte de Viveiro visitaron esta mañá o Parlamento de Galicia onde foron recibidos polo seu Secretario, o tamén mariñán Jose Manuel Balseiro. Ademais de coñecer as principais estancias destas instalacións, interesáronse por diversos aspectos do funcionamento da Cámara lexislativa galega. Recibiron tamén como agasallo un libro, especialmente deseñado para os alumnos de Ensino Secundario, e do que é autor o catedrático de Constitucional Roberto L. Blanco Valdés, con ilustracións de Pinto & Chinto.
Alumnos do IES Vilar Ponte visitan o Parlamento de Galicia
Alumnos do IES Vilar Ponte visitan o Parlamento de Galicia
Relacionado
-
A Ponte de Arante celebra esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo