Site icon Crónica3.com A Mariña

Vitoria das irmáns Rodríguez na X Guitiriz Termal

iria-podio-guitiO pasado sábado 20 de xuño varios representantes das Escolas Deportivas Lourenzá Mondoñedo estiveron na décima Guitiriz Termal.

Co título de Iria Rodríguez na categoría benxamín e Ainara Rodríguez na categoría infantil, os atletas do Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo volvían a estar unha semana máis no máis alto do pódio.

Ademais, Ian Méndez recollía un novo metal(bronce) na categoría benxamín masculino.

A E.D. Lourenzá Atletismo (adultos) lograba tamén uns excelentes resultados:

– Marcos Rodríguez obtiña a novena posición da xeral, quinto da súa categoría, ó percorrer 7,200 km nun tempo de 28,09 minutos.

– Loli Piñeiro, colábase segunda da categoría e terceira da xeral mentras Marisa Ares entraba en meta cuarta da xeral e terceira da súa categoría obtendo ámbalas dúas tres podios para o club.

Exit mobile version